Un outro urbanismo posíbel: Debate organizado por Galiza Sempre

Tonucci, inauguración a súa exposición en Pontevedra, 28 de abril de 2017
A terza feira, 10 de novembro.

Galiza Sempre e a Fundación Coppieters organizan para a vindeira terceira feira, día 10 de novembro, a partir das 16:30 un debate baixo o título de “Un urbanismo alternativo”.

O acto pode seguirse pola canle de Youtube da Fundación e nel van participar a tenente de alcalde Pontevedra, Carme da Silva, a xeógrafa urbanista, Antonia Luciani e o pedagogo e investigador, Francesco Tonucci.

A conciencia de que outro urbanismo é posíbel foi callando nos últinmos anos en sectores cada vez máis amplos da poboación, acreditando que as cidades e vilas poden ser algo moi distino a unha suma de vivendas e vehículos. 

O acto vai decorrer en Pontevedra, cidade que acumula premios e recoñecementos internacionais polo seu urbanismo, coñecido como Modelo Pontevedra. O propio Concello definte este proxecto como "a aposta estratéxica de cidade para favorecer un desenvolvemento urbano sustentáble e integrado, que aspira a facilitar a acción de transformación urbana, económica, medioambiental, cultural, social e de modelo de goberno da cidade".