O país dos mil ríos

Uns 400 quilómetros de ríos galegos gozan de protección como reservas naturais fluviais

Son espazos con escasa ou nula intervención humana e unha gran riqueza ambiental. No noso país hai máis destas 60 RNF. Os ecoloxistas piden que se declaren máis.

As reservas naturais fluviais (RNF) son aqueles ríos, ou algún dos seus treitos, con escasa ou nula intervención humana e cunha gran riqueza ambiental aos que se lles dota de protección coa finalidade de ser preservados sen alternacións. Así se explica no completo estudo de Ecologistas en acción 'RSF, figuras de protección especial para a conservación dos nosos ríos'. Unha cuestión importante, nun país coma o noso, que Otero Pedrayo cualificou como “o país dos mil ríos”. Non acertou o vello profesor coa cifra, pois en Galiza o número de ríos anda por volta dos 10.000. Como ten lembrado o hidrobiólogo Fernando Cobo Gradín en Galiza “de beira fluvial temos catro veces máis que de costa mariña”.

Máis de 400 quilómetros de ríos galegos son RNF, pertencentes á bacía hidrográfica Galiza Costa (de xestión autonómica) e á de Miño-Sil, de competencia estatal. Na demarcación Galiza-Costa hai 13 reservas naturais fluviais, que suman unha lonxitude de 118 quilómetros. Entre estas 13 RNF, a máis estensa é a de Río Sor, na zona Rego de Santar, con 14,2 Qum.

Máis

O Consello de Ministros aprobaba en novembro de 2015 declarar nas demarcacións hidrográficas de competencia estatal 85 RNF. Unha decisión con efectos en Galiza, pois declarábanse 5 reservas fluviais na bacía Miño-Sil, que suman unha estensión de 54 quilómetros; e 3 na demarcación Cantábrico-Occicdental, con 20 Qum de longo. Rego da Ribeira Grande, Río de Vilela, Río Agueira, Río de Murias... son algunhas desas reservas

Desde Ecoloxistas en Acción propoñen que se ree unha nova reserva deste tipo no noso país, un treito de 10 quilómetros no Rego da Teixeira de Liñares. Rego de Calamouco.