Unicef alerta que 1 de cada 5 crianzas galegas viven baixo a liña da pobreza

O 20,1% d@s menores que viven en Galizan pasan graves necesidades. “E a situación está a ir a peor coa crise” afirma Irene Martín, de Unicef. No conxunto do Estado son máis de 2,2 millóns de nen@s os que se atopan nesta situación.

Cinco nen@s xuntos. Poñamos que nun parque. Ou no recreo. Ou, un exemplo máis, mirando para unha bicicleta. Cinco crianzas. Pois delas, unha está baixo a liña da pobreza. Non o din os que ladran o rencor polas esquinas. Nin os que andan sempre a mallar co non sei que de Cuba ou coa leria esa da soberanía e da independencia. Dio Unicef. U-ni-cef: Foro das Nacións Unidas para a Infancia. O 20,1% d@s menores galeg@s están nesa situación de grave necesidade.

Son datos ofertados polo presidente de Unicef-Galicia, Manuel Sández, e a coordinadora, Irene Martín que aseguran que @s nenos galeg@s están a padecer de maneira especial a crise e exixen ao goberno que se lles garantan “servizos básicos” en época de recortes e austericidio.

Vergoña

Ao redor de 13 millóns de nenos padecen pobreza relativa ou privacións nos países de Europa, segundo revelou un informe do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) de hai uns meses. O estudo titulado "Crianzas pobres en países ricos" abranxe os 27 membros da Unión Europea, mais Islandia, Noruega, Suíza, Canadá, Estados Unidos, Xapón, Australia e Nova Zelandia.