Unha simulación en vídeo amosa a importancia do confinamento para frear o coronavirus

2020031710533854700
O vídeo, realizado a partir dunha información do xornal  Washington Post, expón catro supostos de resposta á propagación do coronavirus que demostran —tal e como propón a consigna Queda na casa— como a corentena resulta máis eficaz para reducir picos de contaxio e evitar o colapso do sistema sanitario. Vídeo no interior

A peza audiovisual defende a importancia de diminuír a mobilidade e a frecuencia de saídas a rúa como mecanismo para rebaixar taxa de contaxio e a velocidade de propagación do virus, unha medida que en España e na Galiza comezouse a aplicar desde a pasada fin de semana ante o aumento de casos e a propagación da epidemia polo territorio estatal.

Para facelo, baseáse en catro simulacións nas que se representan as persoas que están sás, as que se contaxiaron e as que xa se recuperaron en catro escenarios: un sen restricións de mobilidade, outro con medidas como as que se adoptaron en Wuhan (na China), con illamento só das persoas enfermas e os puntos xeográficos nos que se concentran, un terceiro con corentena análoga á adoptada desde a fin de semana en España e un último modelo cun confinamento aínda máis estrito, que logra o confinamento de sete de cada oito persoas.

Os resultados pódense apreciar nas diferentes curvas de contaxio, que se ralentiza de maneira patente nos últimos dous supostos, o que evita que grandes grupos de poboación requiran atención sanitaria nun mesmo momento, algo que, sinala o vídeo, "ningún sistema de saúde pode satisfacer".