Unha feira para un mel único en plena serra do Xistral

Muras acolle esta fin de semana a III Feira do Mel da Montaña, un evento no que en torno a este produto único desenvólvese un completo programa de actividades.

Todo o mel é rico mais non todo o mel é igual. Hai matices, sabores, corpos, consistencias, que diferencian este produto segundo onde estea elaborado ou, mais concretamente, onde se alimenten as abellas. O mal ao que renderá homenaxe Muras esta fin de semana, 18 de 19 de novembro, é o mel da montaña. “As abellas andan polo serra do Xistral nas brañas, uces, queirugas”, indica o alcalde, Manuel Requeijo, e iso fai que este mel “teña un color más escuro e ese sabor tan rico”.

 

A Feira é unha aposta do Concello de Muras por poñer en valor “un dos potenciais” que ten o municipio, en referencia ao mel. O rexedor lembra que o mel ten unha longa tradición na zona. “En todas as casas había 2, 3 ou máis colmeas” e que con encontros como esta Feira quere promocionarse o produto, poñelo en valor e “axuda a complementar as economías familiares”. No Concello hai unhas 25 explotacións apícolas dadas de alta, colmeas que moitas veces son un importante complemento económico para os gandeiros.

 

O día propio da Feira é o domingo, 19 de novembro. Haberá postos de mel (de breixo, de brañas...) onde se poderá degustar e mercar o produto, así como toda unha serie de actividades para nenos e maiores, obradoiros, actuacións musicais, catas... O día anterior, sábado, haberá unha xornada máis técnica, que tamén terá lugar no lugar de Viveiró, cunha cata (de asistencia libre e gratuita) de mel e un relatorio, entre poutras actividades, como unha degustación de lacón ou actuacións musicais.

 

Manuel Requeijo indica que con este tipo de iniciativas (como as desenvolvidas noutros sectores, como a gandeiría) pretenden sentar as bases para darlle a volta a unha das problemáticas que Muras partilla cos concellos do interior de Galiza, a despoboación.

 

O programa completo de actividades da III Feira do Mel da Montaña de Muras, aquí.