Unanimidade no Parlamento galego: Gravacións como as da Maruxaina pasan ser consideradas violencia machista

A denuncia do colapso na Atención Primaria centrou o pleno do Parlamento galego (Foto: Arxina)

A Xunta impulsará acordos para establecer criterios e mecanismos de denuncia e retirada de contidos de violencia dixital.

O Parlamento da Galiza deu esta terza feira un importante paso adiante na loita contra a violencia machista e, en concreto, incorporou a violencia dixital como unha forma de ciberdelincuencia que afecta especialmente as mulleres. Este concepto adapta a lei aprobada en 2007 ao contexto tecnolóxico actual, unha reforma que partiu dunha proposición lexislativa impulsada pola deputada do PPdeG Paula Prado e contou coa unanimidade da Cámara, que culminou cun aplauso a aprobación do texto.

"Isto non deberiamos ter que poñelo nunha lei", afirmou, con rotundidade, Paula Prado, en referencia ás gravacións da  Maruxaina e á referencia que agora se incorpora para condenar e considerar violencia machista este tipo de actuacións.

 De feito, os tres grupos -PPdeG, BNG e PSdeG- coincidiron na necesidade de incorporalo e, a través dunha emenda presentada polo BNG, a reforma lexislativa incorpora unha mención expresa e implícita sobre este caso.

"A violencia de xénero dixital engloba todas estas condutas de violencia de xénero que se exercen a través das novas tecnoloxías, das redes sociais ou da internet, pero tamén a gravación e difusión de imaxes tomadas sen consentimento, sexa no ámbito público ou no privado, que supoñan unha humillación ou vexación das mulleres, así como a distribución na rede de imaxes ou datos comprometidos de contido sexual", recolle a lei aprobada con 71 votos tras un debate no que estivo ausente o Goberno galego -a conselleira de  Emprego e  Igualdade, que comparecía a continuación, chegou cando xa soaba o timbre da votación (fontes do seu gabinete aseguraron a Europa  Press que tiña un compromiso a esa hora)-.

Tampouco estivo presente a actual secretaria  xeral de  Igualdade, Susana López Abella, que tiña un acto programado ás 10 horas en Lugo e que foi voz protagonista por parte do PPdeG, con todo, na aprobación da lei de 2007 durante o Goberno bipartito, a que esta terza feira incorpora esta reforma. A aprobación deste texto lexislativo deixou, ademais, outra petición unánime da Cámara galega: que o Goberno estatl alexisle para que se incorpore ao ámbito penal.

"Cónstame que se está traballando nesta cuestión", dixo a deputada do PSdeG Noa Díaz, quen, como Paula Prado e a nacionalista Olalla  Rodil, mostrouse partidaria dunha reforma da lei estatal.

A reforma lexislativa aprobada polo Parlamento tamén considera violencia de xénero dixital a "usurpación da identidade da vítima ou a creación de perfís falsos para desprestixiar á vítima", así como a "creación de perfís falsos para desprestixiar á vítima, dar de alta o correo electrónico da vítima en sitios web para  estigmatizarla ou  ridiculizarla, acceder dixitalmente ao computador para controlar as súas comunicacións con terceiros, control do dispositivo móbil e as súas comunicacións", entre outros, como forma de violencia sen "ter contacto" físico.

Galiza pasa a recoñecer como violencia machista o  ciberbullying,  sextorsión, grooming', usurpación de identidade, chaves ou contrasinais;  sexting, ou  pornovinganza, actividades que están a aumentar entre a mocidade.

Na súa intervención, a deputada do BNG Olalla  Rodil remarcou que se "necesita urxentemente a reforma da lexislación española". "Mal que nos pese", dixo, Galiza non ten competencias para esixir a retirada das imaxes, pero si o Executivo estatal "se se reformase" a lexislación estatal na mesma liña que a galega.

Rodil advertiu de que o marco estatal vai "moi atrasado" con respecto á violencia contra as mulleres, que "vai moito máis alá das relacións de parella". "Van moi tarde e fannos atrasar ás demais, mal que nos pese. Os dereitos das mulleres son dereitos humanos", salientou.

En liña coas peticións de cambios do marco estatal, a reforma lexislativa aprobada inclúe, a través dunha emenda do PSOE, que o Goberno galego "impulsará coas principais plataformas intermediarias da internet acordos de colaboración co fin de establecer criterios e mecanismos áxiles e urxentes de denuncia e retirada de contidos relacionados coa violencia de xénero dixital".

Galiza pasa a recoñecer como violencia machistaciberbullying, sextorsión; grooming, usurpación de identidade, chaves ou contrasinais;  sexting, ou pornovinganza, actividades que están a aumentar entre a mocidade.

Ademais, a violencia dixital recoñecerá non só a que se realiza a través dos medios tecnolóxicos, senón aqueles actos que fosen cometidos,  instigados ou agravados "recoñecendo como medio para cometer o delito a utilización de servizos de xeolocalización".

A lei aprobada recolle que, nas campañas que se realicen contra a violencia machista, dedicarase "atención específica á sensibilización e á formación da poboación xuvenil na prevención e identificación de actitudes que constitúen actos de violencia de xénero, con especial incidencia na violencia dixital".