Un camión sae da vía e esmaga un turismo cunha muller dentro deixando dous falecidos e tres feridos

Momentos posteriores ao accidente en Vilamartín de Valdeorras (foto: Garda Civil).
O accidente provocou o corte total da circulación na N-120 e tiveron que ser habilitados desvíos alternativos mentres traballan na zona os equipos de emerxencia.

Dous condutores faleceron na mañá desta quinta feira tras un accidente na estrada N-120 ao seu paso por Vilamartín de Valdeorras cando un camión saíu da vía a esmagou un turismo cunha muller dentro.

As dúas vítimas mortais son o condutor do camión e unha muller que manexaba un turismo, segundo confirmou a Garda Civil. Ademais, hai outros tres feridos que viaxaban noutro coche que impactou contra os vehículos accidentados.

Ademais, segundo trasladou a Garda Civil de Ourense, hai polo menos outras tres persoas feridas que viaxaban en dous turismos que impactaron contra o camión.

O accidente produciuse ás 06.55 horas desta quinta feira no quilómetro 464 da estrada nacional que une Logroño e Vigo á altura do municipio de Vilamartín de Valdeorras.

Alí, un camión con remolque saíu da estrada e impactou contra un coche para despois terminar envorcado sobre un terceiro turismo.

Tres feridos

O condutor do camión faleceu e hai, polo menos, tres feridos máis, segundo a última información facilitada pola Garda Civil.

O accidente provocou o corte total da circulación na N-120 e tiveron que ser habilitados desvíos alternativos mentres traballan na zona os equipos de emerxencia.