Un home morre tras ser picado por unha avespa no concello de Melón

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
O 112-Galiza recibiu a alerta na mañá deste sábado, cando o 061 pediu colaboración por unha picadura de avespa no lugar do Coruxal, en Melón.

Un home faleceu este sábado no concello de Melón (comarca do Ribeiro) tras sufrir unha picadura de avespa.

O 112-Galiza recibiu a alerta sobre as 10.30 horas da mañá deste sábado, cando o 061 pediu colaboración por unha picadura de avespa no lugar do Coruxal, en Melón.

Até a zona desprazáronse efectivos de Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Melón, que colaboraron na aterraxe do helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense.

Con todo, após chegar ao lugar dos acontecementos o persoal sanitario só puido certificar o falecemento do home.