Un ex conselleiro de Meio Ambiente da Xunta bota lixo no Río Sar

O vídeo estase a viralizar nas últimas horas. Agustín Hernández convocou os meios para "denunciar a situación medio-ambiental do río Sar", en Compostela. O acto tería pasado practicamente desapercibido se Hernández, ex conselleiro de Meio Ambiente, non oferecese unha imaxe insólita: primeiro apañou lixo á beira do río e despois botouno no seu curso.

"O que reclamamos e exiximos ao alcalde [Martiño Noriega] é que leve ao Pleno un expediente onde se posicione claramente a respeito da solución deste problema e tamén avanzamos que o grupo municipal popular estará e apoiará esa solución, porque o que é evidente é que a situación do Río Sar non admite demoras", dixo Hernández aos meios.

 

E para ilustrar as súas declaracións, Hernández anicouse, comezou a escaravellar á beira do río, apañou lixo e, para surpresa da cámara de Nós TV que recolleu as imaxes, botou os refugallos ao leito fluvial.