Últimas cifras: 351 casos activos por coronavirus na Galiza

Probas coronavirus [Imaxe: arquivo].
A día de hoxe hai 343 pacientes en seguimento nos seus domicilios e un total de 10.486 persoas xa están curadas. 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, a día de hoxe, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 351, deles 109 son da área da Coruña, 21 da de Lugo, 27 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 140 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 343 no domicilio. Continua sen haber pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na Galiza suman un total de 10.486 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 158.324.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais da Galiza supoñen o 0,02% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte tampouco se rexistraron falecementos en centros residenciais.

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación. 

Recomendacións
As técnicas da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotábel- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.