A TVG céntrase en España co novo programa “Conexión Madrid”

[Imaxe: CRTVG]

Non tardaron en aparecer as críticas. Na noite da pasada sexta feira a CRTVG anunciaba vía redes sociais un novo programa, “Conexión Madrid”, que se emitirá desde a delegación madrileña da televisión pública galega.

O director de ABC, Bieito Rubido –autor durante anos do editorial do programa da Radio Galega “A Crónica” desde Madrid–; o redactor xefe da sección España en El País, Javier Casqueiro; o xornalista de El Español Daniel Basteiro e a colaboradora de A3Media e es.radio María Jamardo serán os protagonistas da primeira mesa de debate de “Conexión Madrid”, o novo programa dos servizos informativos da CRTVG, que se estrea a próxima segunda feira e que se emitirá desde a delegación madrileña do medio público galego.

Na noite da pasada sexta feira a páxina web da CRTVG daba conta da estrea do novo programa, en que, segundo a propia compañía, “participarán destacados xornalistas galegos especializados en crónica política en Madrid e habituais comentaristas da pantalla en distintas”. Moderado polo xornalista Luís E. Ramos, o espazo de debate pretende achegar “a reflexión e a pluralidade de opinións de distintas perspectivas da actualidade española, política e social, que máis afecte a Galiza”.

As críticas nas redes sociais non tardaron en aparecer: