A TVG bota o fecho a ‘O Agro’, espazo para un sector chave e que levaba 26 anos en antena

Imaxe dun dos programas de 'O Agro'

A CUT indica que a directora da Televisión galega confirmou a desaparición do programa diario ao comité de empresa e cualifica a decisión de "agresión á produción propia".

A TVG bota o feche a ‘O Agro’, espazo que ofrece información e reportaxes sobre o mundo agrario así como as últimas cotizacións dos mercados galegos de gando, e que comezara a se emitir en 1991. A sección da CUT na TVG afirma que a propia directora da TVG, Rosa Vilas, confirmoulle ao comité de empresa “o que xa levaba días bulindo polos corredores: a inminente desaparición do programa diario O Agro”.

Segundo o sindicato, a decisión adoptouse  por dous motivos: o recorte nun 75% do financiamento que desde a Consellaría de Medio Rural se adica a este programa e, por outra banda, á necesidade de mais redactores para o Telexornal, polo que xa desprazarían redactores do Agro a esa sección.

A CUT considera “gravísima” esta decisión, que cualifica de agresión á produción propia, por tratarse dun programa de servizo público con información esencial para un sector estratéxico de Galiza. Critica, alías, que Rosa Vilas se referira a O Agro como uha "mera sección no programa A Revista"