O TSXG valida os concertos con centros segregacionistas que o Supremo declarou ilegais

Anxo Louzao [CIG]

A CIG-Ensino presentou un recurso de casación perante a máxima instancia e di confiar en que "volva darnos a razón" após o Supremo declarar contrarios a  dereito estes concertos en 2014. 

 
 
 

 

O Tribunal Superior de Xustiza declarou esta sexta feira legais os concertos, correspondentes a 2013-2017, da Consellaría de Educación con centros que segregan o alumnado

por sexos. 

Desde a Confederación Intersindical Galega

anunciaron a presentación dun recurso de casación perante o Tribunal Supremo en aras de que a máxima instancia declare de novo
contrarios a dereito estes acordos
. E é que en 2014 o Supremo tomou en consideración o recurso presentado pola central sindical nacionalista e declarou ilegais os correspondentes a 2007-2012. 

Contrarios á LOE

Segundo a CIG-Ensino o propio TSXG recoñece na sentenza ditada que estes concertos foron asinados antes da entrada en vigor da LOMCE polo que contravirían o determinado na Lei Orgánica de Educación (LOE) que considera "ilegal" calquera tipo de discriminación entre o alumnado

, incluíndo a razón de sexo. 

"Agardamos que definitivamente, despois de que se declararon ilegais os concertos educativos

do ano 2009 ao 2013 neste tipo de centros, o Tribunal Supremo declare ilegais os do  período
2013-2017" apuntou o secretario nacional
da CIG-Ensino, Anxo Louzao. Porén, acrecentou, "o combate da CIG-Ensino contra estes concertos educativos
retrógrados e contrarios a un ensino coeducativo non vai parar até que se derrogue a LOMCE que pretende darlles cobertura legal".