Trinta casos de dúas variantes da cepa brasileira na área de Vigo

Un traballador sanitario participa na realización dun cribado masivo con tests de antíxenos. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).

En tres agrupacións distintas e de xente moza.

Trinta casos relacionados con dúas variantes da variante brasileira na área de Vigo, en tres grupos distintos, todos eles de xente moza – menor de 30 anos- e nalgún dos casos sen relación coñecida co resto, “que é o que máis nos preocupa”.

Así informou o propio presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, na súa comparecencia despois do Consello do Goberno galego.

A área Sanitaria de Vigo infrmaba a principios desta semana que detectara seis positivos de Covid-19 relacionados con dous surtos, catro deles confirmados da coñecida como variante brasileira deste coronavirus, mentres que mantén outros 10 en estudo.

O responsábel do servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, Benito Regueiro, comentaba entón a Europa Press que un dos surtos orixinouse por un caso dun traballador que chegou de Perú e o outro dunha persona que viaxara a México por motivos familiares.

"Son dous focos controlados", resaltou Benito Regueiro, para engadir que van "aparecendo casos orfos" que estudan para confirmar a variante á que pertencen entre as predominantes.

Este especialista en Microbioloxía resaltou que a variante británica representa "un 80%" dos positivos, polo que se mantén como predominante, á que se suman casos da brasileira e surafricana en menor medida.

“Temos ameazas, unha das ameazas son as novas variantes, e acabamos de comprobar no día de onte que na área de Vigo temos dúas variantes da cepa brasileira e case 30 casos que xa temos confirmados, de cando menos tres agrupacións distintas centradas no ámbito de xente moza menor de 30 anos, dixo Núñez Feixoo.

Algún dos casos carece de relación coñecida cos outros contaxios, “que e é o que máis nos procuopa”, recoñeceu o presidente. “Esta situación obriga a redobrar esforzos de cribado, imos facer un estudo minucioso de todos os positivos e os seus contactos e imos incrementar cribados de forma especifica entre poboación menor de 30 anos. Necesitamos saber se é un gromo que preocupa e sobre todo concretar o fío que conecta as distintas persoas que están con estas dúas variantes brasileiras”, sinalou.