Ceivar informa que o Tribunal Supremo absolve Heitor Naia dos cargos que implicaban 11 anos de cadea

Heitor Naia

Absólveo dos cargos de 'participación en organización armada` e 'colocación artefactos' dos que fora condenado en decembro pola Audiencia Nacional. Podería ficar en liberdade nos vindeiros días, segundo o colectivo anti-represivo.

A nova saltaba na tarde desta quinta feira: O Tribunal Supremo absolvía o preso independentista Heitor Naia 'Koala' dos cargos de 'participación en organización armada' e 'colocación de artefactos explosivos', polos que estaba condenado a un total de 11 anos de prisión pola Audiencia Nacional. A plataforma anti-represiva Ceivar informaba da resolución, apontando que fora confirmada por fontes xurídicas.

"Polo de agora o preso independentista ainda está na prisom de Valdemoro (Madrid) aguardando a ser posto em liberdade nas próximas horas ou dias com a maior probabilidade. Nom obstante, a cautela destes casos ainda obriga à sua defesa a trabalhar para reclamar a sua imediata posta em liberdade", sinalaba nun comunicado.

Heitor Naia foi detido en marzo no aeroporto de Lisboa. En decembro fora concenado na Audiencia Nacional a 11 anos de prisión, carghos dos que vén de ser absolto.