Transexualidade, a batalla en defensa das identidades de xénero

O nacemento da Asociación Chrysallis na Galiza, integrada por familias con crianzas transexuais, súmase á loita de activistas transfeministas como a de Laura Bugalho. Con ela e Cristina Palacios, presidenta de Chrysallis, falamos de diversidade de xénero.

 

As historias de Sara e Laura, dúas mulleres trans, entrelázanse. As súas vivencias van collidas da man malia as diferenzas de idade e de contexto. A súa loita, abre o camiño para o recoñecemento da diversidade sexual, da construción de identidades que superan a concepción binaria de sexo-xénero. Unha batalla política, social e xudicial a prol do dereito a ser elas propias. 

A transexualidade continúa, a día de hoxe, a ser considerada unha "patoloxía", segundo a Organización Mundial da Saúde. No noso país, colectivos como Chrysallis ou TransGaliza, demandan mudanzas legais que garantan o acceso a unha sanidade universal e protocolos educativos que faciliten o tránsito, nomeadamente, das crianzas.

Da man de Cristina Palacios --a nai de Sara-- e de Laura Bugalho abordamos a transexualidade, a diversidade sexual, o sexo sentido. Afondamos nas dificultades xurídicas para que legalmente se recoñeza unha realidade que continúa descoñecida e silenciada. Comparamos experiencias, valoramos os avanzos e o camiño que fica por andar contra transfobia. 

Podes ler a reportaxe completa no número 138 do semanario en papel. Xa á venda nos puntos de venda habitual e na nosa loxa.