Traballadores da TVG denuncian a “brutal censura” do escándalo que afecta o ministro do Interior

Protesto na redacción

Afirman que a dirección non deixaron que se emitisen audio das gravacións e só deron a versión do goberno e do PP sobre a conspitación para fabricar escándalos contra ERC e CDC. Comité Intercentros da CRTVG manifestouse na redacción e no despacho da directora de informativos pola "censura". Vídeo no interior

A gravación das conversas entre o ministro do Interior e o xefe da Oficina Antifraude para fabricar escándalos contra o independentismo catalán foi noticia de alcance internacional. Un escándalo que pon en entredito Fernández Díaz e o propio presidente español, Mariano Rajoy. Unha noticia tan importante, porén, sufriu na TVG unha “brutal censura”, segundo denuncia o propio persoal da cadea pública galega. Así o afirman en 'Eu non manipulo', afirmando que a dirección da TVG “non deixaron poñero audio das gravacións”. Non só iso, engaden, deuse unicamente a versión do goberno español e do Partido Popular. “Nada da oposición”, nen sequer de ERC e CDC, as formacións prexudicadas e aludidas directamente nas gravacións.

Comité Intercentros da CRTVG manifestouse na redacción e no despacho da directora de informativos pola "censura"

Así pois, na CRTVG pasou o mesmo con esta cuestión que atinxe a Fernández Díaz que en RTVE, a canle pública española. O Consello de Informativos pediu a dimisión inmediata de toda a dirección pola censura que fixeron nesta noticia.

Protesto na redacción

Traballadoras e os traballadores da TVG protestaron na mañá desta quinta feira polo tratamento informativo que se lle deu á información do escándalo que atinxe Fernández Díaz. O Comité Intercentros da CRTVG manifestouse na redacción e no despacho da directora de informativos, da que pediron a dimisión, para protestar contra o que considera unha "manipulación brutal e intolerable, inadmisible nun medio público que se debe ao dereito á información que ten a cidadanía galega".

'Eu non manipulo' naceu en abril de 2013. Feito polos propios traballadores da CRTVG deniunciaron o silenciamento, manipulación ou censura na canle de cuestións como a das imaxes de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado ou os escándalos dos alcaldes do PP en Compostela, entre outros.