Traballadores de Alcoa levan as súas mobilizacións ao pé da Torre de Hércules

Un momento da mobilización

Co lema de "Peche Non", centos de persoas reuníronse por volta da Torre de Hércules para lanzar a mensaxe de que non pensan desfalecer na súa mobilización contra o fechamento da factoría.

Os traballadores de Alcoa A Coruña son plenamente conscientes de que sen mobilización os seus postos de traballo están condenados.

 

Portavoces do cadro de persoal indicaron que ven con bos ollos a fronte institucional escenificada en Madrid, mais enfatizan que a condición que se debe pór á Alcoa á hora de lle inxectar incentivos públicos na súa condición de empresa electrointensiva [grande consumidora de enerxía eléctricva] é o mantimento dos postos de traballo actuais.

 

"Isto é a guerra/Alcoa non se pecha" e "Peche non" foron algúns dos cánticos que se entoaron na contorna da Torre de Hércules por parte dos traballadores da factoría, a compor unha imaxe, cartaces e faro como pano de fondo, de grande potencia iconográfica.