Touro mobilízase en demanda dunha atención primaria “digna”

Imaxe da concentración (PIlar Fernández)

‘Por unha atención primaria digna no rural’. Acompañando a faixa caseira con este lema, ducias de persoas concentráronse esta cuarta feira en Touro, diante do Centro de Saúde da localidade. “É primordial, a sanidade no rural” foi unha das consignas coreadas na concentración.

As concentradas denuncian nomeadamente a non cobertura das vacacións ou baixas dos profesionais de Pediatría obrigan a veciñas da localidade a ter que desprazarse a outros concellos. “Non queremos ter que facer 25 ou 30 quilómetros para que atendan os nosos nenos”, dixeron.

Alcaldes e concelleiros desta comarca denunciaban hai uns días as "inaceptábeis e inasumíbeis carencias" no servizo de pediatría dos seus concellos e exixiron ao Sergas un "cambio de postura". Porén, desde o Servizo Galego de Saúde manteñen que a atención sanitaria ás crianzas en Touro e O Pino "está totalmente garantida".