Milleiros de mulleres percorren as rúas da cidade convocadas por Galegas8M

O feminismo ateiga Lugo en defensa da igualdade

[Foto: CIG]

Milleiros de mulleres manifestáronse esta mañá en Lugo convocadas pola plataforma Galegas8M baixo o lema "Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista". A organización fala de "éxito incontestábel" e anima a secundar a folga do vindeiro venres [Nova en ampliación]

Varios milleiros de mulleres de todos os recunchos de Galiza manifestáronse este mediodía en Lugo convocadas pola plataforma Galegas8M en defensa da igualdade, A manifestación, encabezada por unha faixa co lema "Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista", percorreu as rúas da capital lucense desde o edificio administrativo da Xunta até a Praza da Horta do Seminario, onde María Gueimonde e María Osorio leron un manifesto co que animaron a participar na folga do vindeiro venres.