Todo preparado para a 37ª Feira do Viño

A Ribeira Sacra

Os días 8, 9 e 10 de marzo terá lugar a 37ª Feira do Viño, unha das máis importantes ao redor da denominación de orixe da Ribeira Sacra. As persoas asistentes poderán desfrutar das distintas variedades de viños novos e ruadas, así como de actividades infantís.

 

A Feira do Viño de Chantada, nada en 1983, foise convertendo pouco a pouco nunha das máis importantes feiras do viño de todo o noroeste peninsular. Nesta 37ª edición, os días 8, 9 e 10 de marzo as persoas asistentes desfrutarán da cata e elección dos mellores caldos do ano, tanto tintos coma brancos.

 

O viño da Ribeira Sacra

 

A denominación de orixe da Ribeira Sacra sitúa a súa zona de produción nas zonas de Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil. Na zona do Val do Miño, os solos son de tipoloxía occidental: orixe granítica con fraccións areosas e limosas así como frescos e permeábeis. Pola outra banda, os solos do Val do Sil son de tipoloxía oriental, é dicir, con abundancia de arxila.

 

As variedades preferentes de viño branco con denominación de orixe da Ribeira Sacra son Albariño, Loureiro, Treixadura, Godello, Dona Branca e Torrontés. En canto ao viño tinto, as variedades preferentes son Mencía, Brancellao, Merenzao, Tempranillo, Sousón e Caiño Tinto. As variedades Garnacha Tintorera e Mouratón tamén son autorizadas por esta denominación de orixe.

 

Programa

 

Sexta feira:

20:00 Apertura de stands das adegas participantes.

23:00 Actuación da orquestra Saudade.

 

Sábado:

11:00 Ruadas dos gaiteiros da Escola Tradicional de Música de Chantada, o grupo de zanfonas da Tradescola de Lugo e Searas.

13:00 Concerto da banda de música de Chantada.

17:00 Charanga Os Charangos de Neda, Festicultores, o grupo de zanfonas da Tradescola de Lugo e Searas.

17:00-19:00  IV Cata popular.

21:00 Orquestra Tango e Orquestra Solara.

 

Domingo:

10:30 Cata oficial da 37ª Feira do Viño de Chantada.

11:00 Pasarúas dos gaiteiros Os Barrios.

11:30  Charanga NBA.

12:30 Banda de gaitas de Chantada.

13:00 Pregón da 37ª Feira do Viño a cargo de D. Jose Manuel Silva Rodríguez ‘Cuqui Silva’.

15:00 Xantar oficial da 37ª Feira do Viño.

16:00 Entrega de premios da 37ª Feira do Viño de Chantada con charangas NBA e Ardores.

19:00 Orquestra Televisión.

 

Ademais, haberá obradoiros infantís para maiores de 3 anos a cargo de Velaisca na Casa da Música (auditorio municipal) o sábado e o domingo de 12:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas.