Todo sobre o Caderno de Verán desta semana

A sidra é unha bebida tradicional da Galiza

O Caderno de Verán nº 16, que acompaña o Sermos Galiza 204, vén ateigado de contidos do máis refrescante. Para abrirmos boca, a sidra, unha bebida tradicional que renace. Continuamos coa segunda entrega do relato de Miguel Mato e da poesía de Rosalía Fernández. Non perdemos as recomendacións do Colectivo XEA para coñecer Galiza e as olladas do fotógrafo Xurxo Lobato.

Dedicamos a apertura do Caderno de Verán desta semana á sidra, unha bebida “made in Galiza” que renace como bebida. Falamos cos propietarios de Val de Traba e de Ribela e coñecemos da man de Anselmo López Carreira de que época procede.

Miguel Mato, co relato If you'd love someday (II), e  Rosalía Fernández, en Lindes Alén (poesía), achéganlle riqueza literaria ao Caderno coas súas novas entregas.

Sen perdermos o ollo das actividades e actos destacados da semana, coa axenda, tamén dedicamos espazo á Illa da Arousa, un plan perfecto para as persoas amantes da praia. Coñecémola seguindo as recomendacións do Colectivo XEA.

A contra dedicámoslla á sección Olladas de Xurxo Lobato. O fotógrafo achéganos imaxes do libro Aireiños aires Rosalía, a homenaxe fotográfica a Rosalía na que percorreu lugares biográficos e vencellados á súa obra.

[Podes adquirir o Sermos Galiza 504 e mais o Caderno de Verán nos quioscos ou na loxa online]