O temporal 'Karim' sacode Galiza

Unha ponte cortada tras o desbordamento do río Tea despois das últimas choivas, ao seu paso pola zona de Praia Fluvial da Moscadeira en Ponteareas, (Foto: EP).
As incidencias multiplícanse por todo o país

O vento e a choiva do temporal Karim, que ven afectando Galiza nas últimas horas, xerou 220 incidencias por todo o país tan só entre o mediodía de onte e as 8 horas de hoxe, especialmente por caída de árbores e ramas e retirada de obxectos das vías.

Segundo a información do CIAE 112-Galiza, a área da Coruña foi a que levou a peor parte, cun total de 104 incidencias rexistradas, mentres que na de Pontevedra houbo 89, na de Lugo 17 e na de Ourense 10. Por fortuna, non houbo que lamentar incidencias de gravidade.

En canto aos concellos, destaca o de Ribeira, con 11 incidencias contabilizadas, catro no de Ames e Narón, respectivamente, e tres no Concello de Muros. Ademais, no Concello de Vigo houbo cinco incidencias rexistradas, catro no de Cangas e tres en Pontevedra e Ponteareas. Finalmente, en Ribeira de Piquín, Riotorto e Palas de Rei rexistráronse dúas incidencias en cada un, as mesmas que en Boborás.