As temperaturas abeiran os 12 baixo cero en Calvos de Randín, de novo o punto máis frío da Galiza

Xeada(Foto: @orodil)
En Baltar chegouse aos -8,9 graos baixo cero.

O concello de Calvos de Randín (na comarca da Limia) volveu ser o punto máis frío da Galiza nas últimas horas ao rexistrar temperaturas que abeiraron os 12 graos baixo cero.

Segundo os indicadores de Meteogalicia, a temperatura en Calvos caeu aos 11,8 graos baixo cero ás 06:30 horas da madrugada da quinta feira.

Á mesma hora pero en Baltar (tamén na comarca da Limia), outro dos puntos da xeografía galega que acostuma rexistrar as máis baixas temperaturas da Galiza, os termómetros acadaron os 8,9 graos negativos.

Verín con menos 8,5º C, Xinzo con menos 6,3º C e Monforte con menos 5,6º C foron outras das localidades máis frías das últimas horas nunha quinta feira na que se espera que se suavicen as temperaturas mínimas coa entrada dunha fronte polo noroeste galego que devolverá as choivas a Galiza.