A taxa de positividade volve superar, catro meses despois, o 5%

Xente paseando por Ribadeo, nunha imaxe de arquivo (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

Os novos contaxios de Covid daumentan a 367 e os casos activos sitúanse en 2.917

Os novos contaxios de Covid-19 aumentan en Galiza a 367, o que supón 132 máis que a xornada anterior, mentres que a taxa de positividade repunta a un 5,8%. Ademais, os casos activos seguen en ascenso e sitúanse en 2.917 -en nivel case do 26 de agosto do ano pasado- e os pacientes hospitalizados por este coronavirus descenden lixeiramente a 58 -un menos-, delas 12 continúan en UCI.

Segundo os publicados na mañá desta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta terza feira, recollidos por Europa Press, mantéñense en 12 as persoas ingresadas na UCI pola Covid e descenden a 46 as que permanecen noutras unidades -unha menos-. Pola súa banda, 2.859 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña e Cee e Ourense; aumenta lixeiramente nas de Vigo e Pontevedra e O Salnés; mentres que se mantén sen cambios na de Santiago e Barbanza, Lugo e Ferrol.

A taxa de positividade das PCR en Galiza aumentou a un 5,86%, polo que superou ese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia

Pola súa banda, os casos activos seguen en ascenso por décimo cuarta xornada consecutiva e aumentan en 2.917, que supoñen 279 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (367) que altas (87), ao que se engade un falecemento. Con respecto á cuarta feira anterior -30 de xuño- hai 1.244 infeccións activas máis. Deste modo, sitúanse en niveis similares ao 25 de agosto do ano pasado, cando había 2.879.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan no sete: Vigo (+93), Ourense (+63), Pontevedra e O Salnés (+34), Lugo (+30), Santiago e Barbanza (+28), A Coruña e Cee (+26) e Ferrol (+5).

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 aumentaron por riba dos 300 até os 367, que supoñen 132 máis que os 235 da xornada anterior e 205 máis que fai sete días, tras arrincar esta semana con 244. Así, continúa a tendencia iniciada o 24 de xuño, cos contaxios por riba do centenar.

En toda Galiza foron confirmados 366 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), segundo os datos actualizados por Sanidade, 136 máis que a xornada pasada, dos cales 107 corresponden á área de Vigo; 72, á de Ourense; 58, á da Coruña e Cee; 43, á de Lugo; 40, á de Santiago e Barbanza; 39, á de Pontevedra e O Salnés; e sete á de Ferrol.

Pola súa banda, a taxa de positividade das PCR en Galiza aumentou a un 5,86%, após reducirse a un 2,7% a xornada pasada despois de iniciar esta semana nun 3,6%, polo que superou ese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galiza non superaba desde o 15 de febreiro (fíxoo nos datos da pasada quinta feira, pero a taxa foi recalculada posteriormente).

Desde o inicio desta pandemia as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 eascenden a 2.438, despois de notificar Sanidade esta terza feira un novo falecemento. A última vítima notificada corresponde a unha muller de 88 anos de idade que fora diagnosticada coa Covid-19 e permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.