A taxa de positividade aumenta ao 13% en Galiza e rexístranse 742 novos contaxios

Punto de vacinación nun hospital da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #coronavirus #covid19 #vacina #vacinación #pandemia #mocidade #curso #instituto #sanidade #sergas
Os casos activos soben a 5.684.Os pacientes hospitalizados pola Covid descenden a 63, deles 10 permanecen en UCI

Galiza rexistra esta terza feira unha nova marca de contaxios de Covid-19 desde o inicio do verán con 742 novos, que supoñen 112 máis que a xornada anterior, e a taxa de positividade aumenta a un 13%. Os casos activos ascenden a 5.684, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus redúcense lixeiramente a 63 -tres menos-, deles dez en UCI -un menos-.

Segundo os datos publicados esta terza feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta segunda feira, recollidos por Europa Press, descenden a 10 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 -unha menos- e baixan a 53 as que se atopan noutras unidades de hospitalización -dúas menos-. Pola súa banda, hai 5.621 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña e Cee, Vigo e Ferrol; aumenta lixeiramente na de Santiago e Barbanza; e mantense nas de Ourense, Lugo e Pontevedra e O Salnés.

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia mantéñense en 2.439, ao non notificar Sanidade esta segunda feira ningún novo falecemento por quinto día consecutivo

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso por vixésima xornada consecutiva e elévanse a 5.684, que implican 626 máis que o día anterior, ao haber máis contaxios (742) que altas (116).

Con respecto a hai sete días, representan uns 3.000 máis, posto que a terza feira pasada -6 de xullo- había 2.638. Deste modo, sitúanse en niveis de finais de febreiro deste ano.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas sete, coa de Vigo á fronte (+212); seguida de Pontevedra e O Salnés (+136); Ourense (+112); A Coruña e Cee (+70), Santiago e Barbanza (+42); Lugo (+29) e Ferrol (+25).

En canto aos novos contaxios de Covid-19 en Galiza seguen por riba do medio milleiro desde a sexta feira pasada -9 de xullo- e disparáronse a 742, que supoñen 112 máis que os 630 do arranque desta semana. Deste modo, os positivos mantéñense por riba dos 200 desde o 1 de xullo e do cento desde o 24 de xuño.

En toda Galiza foron confirmados 729 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), segundo os datos actualizados por Sanidade, 137 máis que a xornada pasada, dos cales 260 corresponden á área de Vigo; 141, á de Pontevedra e O Salnés; 119, á de Ourense; 94, á da Coruña e Cee; 50, á de Santiago e Barbanza; 37, á de Lugo; e 28, á de Ferrol.

En canto á taxa de positividade das PCR aumentou a un 13,2%, tras repuntar a un 8% no inicio desta semana. Deste modo, segue por riba dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galiza, até a semana pasada, non superaba desde o 15 de febreiro.

Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia mantéñense en 2.439, ao non notificar Sanidade esta segunda feira ningún novo falecemento por quinto día consecutivo.