Coronavirus Galiza: a taxa de positividade por Covid dispárase até 42,04%

#coronavirus #pcr #covid-19 (Foto: Okrasiuk)

Os datos facilitados por Sanidade este sábado sinalan que baixan as persoas ingresadas por Covid a 675, mentres os casos activos soben a 17.987 após 1.812 contaxios. Ademais aumenta o número de PCR positivas por cada 100 realizadas e está 5% por riba do que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Os casos activos na Galiza seguen en ascenso e sitúanse nos 17.987, que implican 336 máis, após rexistrarse outros 1.812 novos contaxios, Segundo os datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, con rexistros até as 18 horas desta sexta feira. Pola contra os hospitalizados baixan até os 675 (28 menos que o día anterior). Ademais, a taxa de positividade dispárase e sobe até o 42,04% e baixan a 19 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 -dúas menos--, así como as ingresadas en unidades convencionais, 656 -26 menos-.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria baixa en cinco das sete: A Coruña-Cee, Ourense, Lugo, Vigo e Pontevedra; mentres que sobe en Santiago-Barbanza e Ferrol.

Así, na da Coruña e Cee baixan a tres as persoas con Covid ingresadas en UCI (-1) e a 169 os doutras unidades (-1); mentres que na de Ourense seguen dúas en críticos -sen cambios- e baixan a 95 os hospitalizados noutras unidades (-20).

Na de Lugo mantéñense sete pacientes Covid en UCI -sen cambios- e descenden a 65 os ingresados noutras unidades (-6); na de Pontevedra continúan dúas en UCI (-1) e baixan a 91 os hospitalizados noutras unidades (-4); e en Vigo, baixan a dous os hospitalizados en críticos (-1) e a 76 os doutras unidades (-1).

Por contra, na área de Ferrol soben a 74 os pacientes ingresados en planta (+2) e mantense con un en UCI -sen cambios-; mentres que na de Santiago quedan dúas en críticos -sen cambios- e soben a 86 os doutras unidades (+4).

Tendencia ascendente dos casos activos

Os casos activos manteñen a tendencia ascendente no conxunto da Galiza e aumentan a 17.987, que implican 336 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.812) que altas (1.472), ao que se suman catro falecementos.

De novo o aumento é xeneralizado. Soben en todas excepto na de Vigo, que rexistra 49 casos menos, con 2.815 en total. Respecto das subidas, lidera a relación Santiago (+144), seguida pola da Coruña (+117), Ferrol (+58), Ourense (+34), Pontevedra (+17) e Lugo (+11).

Daquela, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 3.477; seguida da de Santiago e Barbanza, con 3.030; Vigo, con 2.815; Lugo, con 2.724; Ourense, con 2.512; Pontevedra e O Salnés, con 1.995; e á cola segue a de Ferrol, con 1.410.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade o 26 de abril, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulneráble, a incidencia acumulada a 14 días na Galicia en maiores de 60 anos ascende a 1.182,74 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal sitúase en 608,16.

Novos contaxios

En relación aos novos contaxios de Covid-19, mantéñense por riba dos 1.800 con outros 1.812, que constitúen 80 máis que os 1.732 desta sexta feira, após os 1.728 desta quinta feira; fronte aos 1.725 do día anterior, uns 1.483 na terza feira, despois de comezar esta semana con 794 novos casos abertos en 24 horas. Co novo protocolo xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico á poboación en xeral.

Así, os contaxios aumentan na Galiza a 586.128, dos cales 133.725 corresponden á área de Vigo; 121.542 á da Coruña e Cee; 92.802, á de Santiago e Barbanza; 70.829 á de Ourense; 67.151, á de Pontevedra e O Salnés; 63.876 á de Lugo; e 35.346, á de Ferrol.

Polo seu lado, a taxa de positividade -número de PCR positivas por cada 100 realizadas- dispárase até o 42,04%, após un 32,24% da sexta feira, aumentar a 35,51% esta quinta, situarse en 28,77% na cuarta, en 20,6% a terza martes e comezar esta semana en 25,56%. Por iso, continúa por encima de 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Catro novos falecementos

As vítimas da pandemia pola Covid-19 na Galiza ascenden a 3.343 após notificar a Consellaría de Sanidade este sábado outro catro óbitos.

Os falecementos, do 28 de abril, corresponden a unha muller de 94 anos da área sanitaria de Ferrol, un home de 81 anos, de Vigo; outro de 76 anos e unha muller de 92 anos, ambos na área de Pontevedra.

Polo seu lado, 564.858 persoas curáronse da Covid-19 desde o inicio desta crise sanitaria, após recibir o alta outras 1.472 na xornada pasada no país.