Tareixa Navaza agarda un "xornal para a cidadanía e non para os poderes político e económico"

Falamos con Tareixa Navaza, unha das xornalistas de referencia da historia da televisión en galego, sobre o lanzamento de 'O Diario Galego', o proxecto de Sermos para 2019.

Navaza agarda que 'O Diario Galego' practique un xornalismo "galego, en galego, sen manipulacións e sen autocensuras". "É imprescindíbel un xornal feito para a cidadanía e non para compracer os poderes político e económico", afirma. "Un meio que interprete o mundo desde Galiza", engade.

 

'O Diario Galego' é máis "necesario" se cabe "tendo en conta a involución que estamos a sofrer", considera a xornalista.

 

Que xornal gostaría de ter entre as mans en 2019? Pois un periódico que "outorgue moito espazo á cultura e que tamén se ocupe das nosas veciñas e veciños, de Portugal". "E o que espero é que non me decepcione. Tenho moitas esperanzas postas neste xornal!", conclúe.