”Se é tan boa, que a leven para a Moncloa”. Concentración contra a prórroga a Elnosa

Imaxe: GZContrainfo

Máis dun cento de persoas protestaron pola decisión da Xunta fronte á sede provincial do PP en Pontevedra.

Máis dun cento de persoas tomaron parte na concentración convocada pola APDR fronte á sede provincial do PP de Pontevedra para protestar pola recente prórroga dun ano concedida pola Xunta a Elnosa. Desde Defensa da Ría considérase que esta decisión é o primeiro paso para novas prórrogas máis amplas.

A asociación ecoloxista apunta que o PP non tivo o valor de facer pública esta decisión antes das eleccións do pasado 25 de setembro. Afirman que a actividade de Elnosa é ilegal por non cumprir os prazos fixados pola Unión Europea para abandonar o uso do mercurio na produción do cloro e da eslamiada, ademais de perigosa para a ría e para a cidadanía.

A dirección da factoría de cloro solicitou á Xunta de Galiza unha prórroga e a administración autonómica emitiu unha resolución ampliando nun ano a autorización ambiental integrada á empresa electroquímica. O goberno de Pontevedra decidiu, perante ese acordo da Xunta, presentar un recurso por considerar que se adoptouse "pola porta de atrás", tal e como manifestou o portavoz do goberno municipal, Raimundo González.