O Supremo anula condena de 7 anos de prisión a Carlos Calvo

Carlos Varela Calvo

A sentenza absolve o preso independentista dun delito polo que fora condenado en 2014 e 2015. Neste senso, subliña a sentenza, "o delito cometido sería só un". 

 

O Tribunal Supremo vén de absolver Carlos Calvo Varela do delito de "tenza de explosivos" e de revogar a condena de 7 anos que lle impuxera a Audiencia Nacional española o 15 de abril de 2015. 

Segundo recolle a sentenza o preso independentista "xa fora condenado polos mesmos feitos en decembro de 2014" e lembra que "dous actos", neste senso atribúeselle "tenza de explosivos", que fican "temporalmente diferencados constitúen un só delito se entre un e outro a persoa non foi detida ou imputada". 

Sermos Galiza xa avanzaba que o Supremo podía resolver a revogación da condena após apoiar a Fiscalía que a condena imposta pola Audiencia Nacional construíu “un feito novo”  provocándolle ao preso "indefensión". 

Mantense condena de 7 anos de cadea após ter sido reducida, dos 12 iniciais, por falta de probas 

Así, o Tribunal Supremo "absolve Carlos Calvo ao lemnrar que o 23 de decembro de 2014 o propio Supremo o condenou a 7 anos de cadea por colaboración con banda armada na súa modalidade de tenza de explosivos". 

"Ao ter sido condenado por estes eses feitos", no concreto, a acusación de "ter no seu poder" en outubro de 2011 "explosivos destinados a ser entregados a Resistencia Galega" e en setembro de 2012 "ter no seu poder explosivos que pretendía entregar a integrantes de Resistencia Galega coa finalidade de que foran empregados nun atentado terrorista". 

Cumpre lembrar que a comezos de 2015 a Sala do Penal do Tribunal Supremo rebaixou de 12 a 7 anos de prisión a condena a Carlos Calvo Varela. O Alto Tribunal estimaba así parcialmente o recurso presentado e consideraba que non había probas de abondo para condenar a Carlos Calvo polos delitos de integración en banda terrorista, como fixo a Audiencia Nacional.