O Supremo fixa en máis de 1.500 millóns as indemnización definitivas do Prestige

[Imaxe: Stéphane M. Grueso] Chapapote do Prestige nunha praia galega

O alto tribunal estimou os recursos da Fiscalía, a Avogacía do Estado e Francia, entre otros contra o auto da Audiencia da Coruña.

O Tribunal Supremo ditou a sentenza definitiva sobre a responsabilidade civil derivada da catástrofe xerada polo afundimento do Prestige, que fixa indemnizacións por máis de 1.500 millóns de euros. Unha cantidade que deben repartirse entre o Estado español, a Xunta, o estado francés, e outros 269 afectados, entre os que hai particulares, empresas, concellos e sociedades.

 

O alto tribunal estimou os recursos da Fiscalía, a Avogacía do estado e Francia, entre otros contra o auto da Audiencia da Coruña. As indemnización deben ser pagadas polas partes xa condenadas: Apostolos Mangouras  (capitán do buque), a compañía aseguradora The London Steamship Owners Mutual Insurance Association, a  propietaria do buque, Mare Shipping INC, e o o Fondo Internacional de Indemnización de Danos por Contaminación por Hidrocarburos (FIDAC).

 

Entre outras cuestións, a resolución do TS determina que todas as indemnizacións recoñecidas deben abranguer tamén os intereses moratorios por danos e perxuízos.

 

O BNG cualificou hoxe de “nova burla” esta sentencia.  Unha decisión que, dico Ana Pontón, chega 16 despois da catástrofe e que a todas luces resulta “inxusta e decepciónante”.  a portavoz de Medio Ambiente do PSdeG no Parlamento galego, Patricia Vilán, apuntou ás responsabilidades políticas "pendentes" en relación coa catástrofe do Prestige. Luís Villares (En Marea) criticou a "lentitude" da xustiza neste tema e considera que con esta resolución do TS "non todos os danos se indemnizaron".