O Supremo considera que La Manada actuou “con pleno coñecemento” do que estaba a facer

A sala do penal notificou esta sexta feira o contido da sentenza pola que condenou 15 anos de cárcere a estas cinco persoas por violar unha rapaza nos San Fermíns de 2016.

O Tribunal Supremo considera que a Manada actuou con “pleno coñecemento” do que estaba a facer cando agrediron sexualmente unha rapaza nos San Fermíns de 2016. Fixérono sen que esta “en ningún momento prestase o seu consentemento”. A rapaza sufriu 10 agresións sexuais en menos dun minuto, nun lugar “recóndito, buscado a mantenta”. Estas son algunhas das exposicións recollidas na sentenza da ala do Penal do Supremo que se deu a coñecer esta sexta feira.

José Ángel Prenda, Alfonso Jesús Cabezuelo, Ángel Boza, Antonio Manuel Guerrero e Jesús Escudero atacaron esta moza a sabendas de que estaba “soa e embriagada”. Os acusados, mantén o Supremo, “necesariamente” tiñan que saber que o que estaban a facer “non estaba consentido expresamente pola moza” e que se estaban a “aproveitar” das circunstancias.

Segundo di a sentenza, "do relato fáctico despréndese, con total claridade, que os acusados buscaron expresamente a situación, sen que a vítima tivese coñecemento algún, desde o momento mesmo en que coñeceron que a moza estaba soa e que non encontraba aos seus amigos". Os maxistrados consideran que o que ocorreu na noite de San Fermín en Pamplona foi "unha violación múltiple, efectuada por cinco persoas, na que todos participaron como autores".

O Supremo concenou La Manada por violación e aumentou a pena a 15 anos de cadea