O TSXG advertiu nunha sentenza do "déficit estrutural" de postos fixos

O Supremo avaliará a "fraude" en contratacións temporais do Sergas

Complexo hospitalario universitario da Coruña
O Tribunal Supremo analizará a utilización "abusiva" dos nomeamentos de persoal estatutario eventual por parte do Sergas e as consecuencias desa actuación, co obxecto de formar xurisprudencia.

A sala do contencioso administrativo do alto tribunal acaba de admitir a trámite un recurso do servizo de saúde contra unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) na que se estabelecía o carácter "fraudulento" dos nomeamentos temporais dun profesional da área de Anestesioloxía e Reanimación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). A resolución recoñecía a condición do sanitario recorrente como "persoal indefinido –asimilado a interino–" así como a súa antigüidade e o carácter estrutural do seu posto de traballo, após encadear durante oito anos nomeamentos e prórrogas sucesivas.  

Non se trata dun caso illado: só en 2019, o alto tribunal galego avalou o carácter fraudulento dos nomeamentos temporais sucesivos nunha decena de casos máis, repartidos entre distintas áreas de hospitais da Coruña, Pontevedra e a zona de Lugo.
 

A información íntegra pode consultarse na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.