Tribunal Supremo anula definitivamente a licenza urbanística da mina que ameaza a Cova Eirós

cementos cosmos (Foto: Salvemos Cabana)

ContraMINAcción denuncia que, nada máis gañar firmeza a sentenza, a empresa aumentou de “modo frenético o ritmo da explotación, poñendo en risco o patrimonio”

ContraMINAcción informa que o Tribunal Supremo acaba de facer pública a sentenza pola que se anula definitivamente a licenza urbanística ilegal coa que o Concello de Triacastela “tentou legalizar a explotación de caliza que Cementos Cosmos, filial da multinacional Votorantim, explota directamente enriba da Cova Eirós, exemplo único e sen igual da pintura rupestre na Galiza”.

A licenza fora recorrida inicialmente pola Associação Sócio-Cultural O Iríbio co apoio da asesoría xurídica do Sindicato Labrego Galego, ambas as dúas entidades integrantes da Rede ContraMINAcción, que xa conseguiran a súa anulación nos xulgados do contencioso-administrativo, fallo confirmado a principios deste ano polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza e que agora gañou firmeza coa inadmisión do recurso de casación que o Concello de Triacastela e Cosmos presentaran ante o Supremo.

”A explotación de Cosmos é paradigma da minaría destrutiva, encontrándose dentro da contorna de protección e da contorna de amortecemento do Ben de Interese Cultural (BIC) Cova Eirós”, denuncia a plataforma

”A explotación de Cosmos é paradigma da minaría destrutiva, encontrándose dentro da contorna de protección e da contorna de amortecemento do Ben de Interese Cultural (BIC) Cova Eirós”, denuncia a plataforma

A explotación de Cosmos “non foi sometida ao trámite de avaliación de impacto ambiental cando se reclasificou como explotación mineira de "recursos C", a pesar de tratarse dunha explotación a ceo aberto con afectación á rede Natura 2000, ao Camiño de Santiago e un BIC único”.

Os colectivos integrantes da rede ContraMINAcción demandan á Xunta a paralización inmediata da actividade mineira,” precisamente intensificada nas últimas semanas logo da firmeza da sentenza, e que se proceda a adoptar medidas urxentes para salvagardar a integridade de Cova Eirós”.