O SUP pide que se prohíba o concerto de Valtònyc no Festigal

O Sindicato Unificado de Policía insta a Delegación do Goberno e o concello de Santiago a que tomen as medidas precisas para impedir a celebración do concerto programado o 24 de xullo dentro do Festigal 2018.

En declaracións a El Correo Gallego, un portavoz do SUP -o sindicato maioritario na policía española, manifesta: "A Delegación do Goberno e o Concello de Santiago xa deberían ter dado os pasos para prohibir o concerto dun señor que está pendente de entrar en prisión após ter sido condenado polo Tribunal Supremo por enaltecimento do terrorismo, inxurias ao rei e calumnias e ameazas".

 

O SUP tamén critica as entidades organizadoras do Festigal -Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre- por contar con Valtònyc no seu cartaz 2018: "Parécenos unha decisión errónea por parte da organización do festival, que está vinculada ao BNG, un partido político democrático e que sempre respeitou as decisións xudiciais".

 

Valtònyc, con quen falou Sermos Galiza, só estará no Festigal 2018 se os prazos para a súa entrada en prisión así o permitiren.