O choque dunha pomba contra a catenaria é a causa da incidencia na estación de tren de Compostela

Catenaria na estación de Compostela (Arxina)

Non houbo persoas feridas.

O choque dunha pomba contra a catenaria está detrás do incidente ocorrido na mañá desta segunda feira na estación de Santiago de Compostela, que deixou todas as vías sen tensión, agás a número 1.

Fontes de Adif informan a Europa Press disto, explicando que "xa están en marcha todos os traballos de reparación para devolver a situación á normalidade no menor prazo de tempo posíbel".

Este incidente obrigou a  trasladar por estrada 54 pasaxeiros dun tren Santiago á Coruña que saía de Vigo ás 8.50 horas, informaron fontes de Renfe.

Este foi o único tren afectadopolo incidente, mentres o tráfico está libre para a circulación por tracción diésel.

Ás 9:45 recibiu un aviso ao 112 de varias persoas que escoitaran que algo explotaba nas inmediacións da estación de tren. O suceso non causou persoas feridas.