Estas son as zonas da Galiza que estarán en alerta amarela e laranxa por refachos de vento

Zonas da Galiza en perigo por refachos de vento (Foto: Meteogaliza / Nós Diario).
Tamén haberá aviso amarelo na costa, un nivel de alerta que será laranxa a partir das 12 horas na Costa da Morte e no noroeste do país.

Parte da Galiza permanecerá esta quinta feira en aviso amarelo por fortes refachos de vento, unha alerta que será laranxa no caso da Costa da Morte e o noroeste da Coruña.

En concreto, a partir das 09 horas o norte do país e as zonas de montaña do interior activarase o aviso amarelo por refachos que poderán superar os 70/80 quilómetros por hora.

Ademais, tamén haberá aviso amarelo na costa, un nivel de alerta que será laranxa a partir das 12 horas na Costa da Morte e no noroeste do país, con ventos do suroeste que poderán alcanzar forza oito.

Xornada da sexta feira

Xa na xornada da sexta feira haberá aviso laranxa en toda a costa galega por mar combinada, con ondas que poderán alcanzar entre cinco e sete metros.