Son 373 as persoas coa Covid hospitalizadas, das que 48 están en UCI

Unha ambulancia traslada un doente con Covid-19 ao hospital de Lugo nunha imaxe de arquivo (Carlos Castro / Europa Press)

As persoas con Covid-19 ingresadas en hospitais continúan en aumento e ascenden a 373, o que supón nove máis que 24 horas antes. Delas 48 atópanse en UCI, unha máis que o día anterior.

A información actualizada na web da Consellaría de Sanidade na mañá desta sexta feira con datos recollidos até as 18 horas da quinta dá conta dun novo incremento de persoas hospitalizadas coa Covid-19.

Segundo Sanidade, atópanse ingresadas 373 persoas, das cales 48 están en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), unha máis que o día anterior, e 325 en camas convencionais, nove máis que 24 horas antes.

Na área sanitaria de Ourense, Verín e Ou Barco baixan a 111 os pacientes con Covid-19 ingresados -nove menos-, deles 13 en UCI -dous menos-.

Na área de Santiago e Barbanza os pacientes con Covid-19 ingresados soben a 68, seis máis que o día anterior. Sete seguen en unidade de críticos.

Na área da Coruña e Cee soben a 65 os pacientes con Covid hospitalizados, deles 56 en planta e nove en UCI.

Na área de Vigo aumentan a 51 os pacientes con Covid-19 hospitalizados -dous máis-, dos cales sete permanecen en UCI e 44 noutras unidades de hospitalización.

Mentres, na área de Lugo, A Mariña e Monforte as persoas con Covid hospitalizadas increméntanse a 22 -cinco máis-, delas dúas atópanse en UCI e 20 noutras unidades de hospitalización.

Na área de Pontevedra e O Salnés baixan a 37 as persoas hospitalizadas co novo coronavirus, delas 30 en planta e sete en UCI -unha máis-.

Na área de Ferrol as hospitalizadas coa Covid seguen en 19, tres delas en unidade de críticos -unha máis-.