Son 33 os concellos que fican en alerta vermella

Actualización do mapa 'semáforo' da Consellaría de Sanidade.

Entran no nivel 3 Tomiño e Moaña, pero saen Teo, Ribadavia, Tui, A Guarda e Ribadumia. Só fican en vermello catro das sete cidades: Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo.

Os concellos en alerta vermella no mapa promovido polo Sergas ante a incidencia da Covid-19 baixan este sábado a 33.

Saen da categoría máis crítica Teo, Ribadavia, Tui, A Guarda e Ribadumia. Porén, volven Tomiño e Moaña ao grao máximo de aviso.

En total son 33 os concellos marcados en vermello, o que implica unha baixada de tres en relación a onte. Só catro das sete cidades se atopan agora mesmo neste nivel de alerta: Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo.

Aliás, coa saída de Teo, ningún dos municipios integrados na área do feche perimetral de Compostela figuran xa en vermello no mapa 'semáforo' do Sergas.

33 concellos en vermello

Os concellos que continúan en vermello son os seguintes: A Estrada, Lalín, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Nigrán, Mos, Moaña, Ponteareas, Tomiño y O Porriño, Ferrol, Narón, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Coristanco, Carballo, Malpica, Ribeira, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Lugo, Vilalba, e Chantada e Xinzo de Limia.

A alerta máxima de risco nestas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de Covid-19 nos últimos sete días. Nas urbes de máis de 50.000 habitantes o parámetro especifícase en función do tamaño: Ferrol (máis de 76 casos semanais) Pontevedra (máis de 96), Lugo (máis de 112) e Vigo (máis de 332).

En alerta laranxa

En alerta laranxa están este sábado 30 municipios, catro máis que a pasada sexta feira. Son os seguintes: Ourense, O Barco de Valdeorras, Viveiro, Guntín, Monforte, Sarria, Fene, Bergondo, Laracha, Ordes, Pontedeume, Sada, A Coruña, Laxe, Santa Comba, Ordes, Santiago, Ames, Porto do Son, Boiro, Meis, A Guarda, Tui, Cangas, Moaña, Caldas de Reis, O Grove, Soutomaior e Salceda de Caselas.