Sofía e Mateo repiten, máis un ano, como os nomes máis comúns dos bebés galegos

Hugo e Leo adiantan Lucas entre os rapaces. (Foto: Europa Press)
Un de cada cinco neonatos da Galiza teñen algún dos dez nomes máis comúns para homes e mulleres.

Sofía e Mateo mantéñense un ano máis como os nomes máis utilizados entre os bebés nados na Galiza ao representaren 6% do total de nenos e nenas que viñeron ao mundo no conxunto do país en 2021.

Así se desprende da Estatística de nomes dúas neonatos galegos de 2021, publicada esta sexta feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE), un documento que presenta poucas mudanzas a respecto do ano anterior.

E é que non hai variacións no alto da listaxe dos nomes máis usados, tanto para nenas —Sofía, Noa, Martina, Lara e Valeria— como para nenos —Mateo, Martín, Hugo, Leo e Lucas—.

O único cambio en comparanza con 2020 é que Lucas 'cae' ao quinto lugar de nomes usados ao ser adiantado por Hugo e Leo, que ocupan o terceiro e cuarto posto, respectivamente.

Tamén desaparecen do 'top 20' de nomes de nenos Iago, Anxo, Mario e Adrián, que deixan o seu lugar a Roi, Bruno, Luca e Alejandro. No de nenas, Alma e Uxía caen dos 20 primeiros nomes, aos que se incoporan Emma e Lola.

Así as cousas, desta estatística tamén se conclúe que case un de cada cinco (20%) dos nenos e nenas nadas en territorio galego en 2021 teñen algún dos dez nomes máis comúns para homes e para mulleres.