Lixeira repunta das hospitalizacións por Covid ás portas do verán

Unha muller participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar casos positivos de coronavirus (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
Galiza inicia a última semana antes do verán cuunha lixeira repunta dos pacientes Covid hospitalizados, que aumentaron até os 69. Os casos activos, baixan até os 1.401, mentres que os novos contaxios redúcense a 56.

Segundo os datos publicados na mañá desta segunda feira  pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18,00 horas deste domingo, hai 18 pacientes Covid en UCI -catro máis- e 51 noutras unidades -un máis-.

Por áreas sanitarias, os pacientes Covid ingresados descenden nas de Ourense, Vigo, Santiago e O Barbanza e Pontevedra e O Salnés; aumentan nas da Coruña e Cee, Lugo e Ferrol.

En concreto, na área da Coruña e Cee aumentan a catro os pacientes en UCI -un máis- e a 20 os doutras unidades de hospitalización -dous máis-, mentres que na de Ferrol seguen tres en críticos e increméntanse a seis os doutras unidades -un máis-.

En canto á de Lugo aumentan a dous os pacientes ingresados pola Covid-19 en unidade de coidados intensivos -un máis- e catro noutras unidades -un máis-.

Mentres, na de Santiago e oBarbanza continúan dúas persoas ingresadas en UCI pola Covid e descenden a cinco as doutras unidades -dúas menos-; así como na de Ourense, onde permanece un paciente en críticos e caen a tres os doutras unidades -un menos-.

E na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés permanecen dous pacientes Covid en UCI -sen cambios- e descenden a cinco os doutras unidades de hospitalización -un menos-.

Menos casos activos

En canto aos casos activos de Covid-19 continúan en descenso continuado por vixésimo terceiro día consecutivo e caen a 1.401, 61 menos que sitúan a marca en niveis de mediados de agosto do pasado ano.

As infeccións activas ascenderon lixeiramente nas áreas da Coruña e Cee (+8) e Ourense (+3), mentres que se reduciron nas de Vigo (-29), Lugo (-17), Santiago e OBarbanza (-13), Ferrol (-8) e Pontevedra e O Salnés (-5).

Menos contaxios

Os novos contaxios de Covid-19 inician a semana por baixo do centenar con 56, despois de alcanzar os 79 este domingo. Destes, 34 correspóndense coa área da Coruña e Cee; nove coa de Ourense; cinco coa de Santiago e O Barbanza; catro coa de Lugo; dous coa de Vigo; outros dous coa de Pontevedra e O Salnés; e ningún coa de Ferrol.

En canto á taxa de positividade, comeza a semana arredor de 1,7%, por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

En canto á incidencia acumula, continúa estábel, arredor dos 21 e 43 casos por 100.000 habitantes a sete e 14 días.

Vítimas

Desde o inicio da pandemia faleceron en Galicia 2.430 persoas diagnosticadas con Covid-19, ao non notificar Sanidade novas vítimas esta fin de semana.