Soben lixeiramente os casos activos e novos contaxios de Covid

(Foto: Arxina)

Descenden a 34 os hospitalizados. Tres das sete áreas sanitarias non teñen xa pacientes en UCI por este coronavirus.

Os casos activos de Covid-19 e os novos contaxios ascenden lixeiramente no conxunto de Galiza até os 432 e 23, respectivamente, mentres que baixan a 34 os pacientes ingresados por este coronavirus -dous menos-.

Segundo os datos actualizados esta terza feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta segunda feira, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI mantéñense en nove e descenden a 25 as ingresadas noutras unidades, mentres que 398 permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas de Lugo e Pontevedra-O Salnés; mentres que se mantén sen cambios nas outras cinco restantes.

Tras comezar esta semana cun novo descenso dos casos activos esta terza feira rexístrase un lixeiro aumento até os 432, un máis, ao haber máis contaxios (23) que altas (20) ao que se engaden dous falecementos. As infeccións activas aumentan lixeiramente en catro das sete áreas: Pontevedra e O Salnés (+3), Ferrol (+1), Lugo (+1) e Santiago e Barbanza (+1); baixa en dúas: Ourense (-3) e Vigo (-2); e mantense sen cambios na da Coruña e Cee.

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia pola Covid-19 ascenden a 2.648, tras notificar esta segunda a Consellaría de Sanidade dúas novas vítimas, dúas mulleres con patoloxías previas

Os novos contaxios, que iniciaron a semana cun descenso, aumentan lixeiramente a 23, dous máis que os 21 do día anterior, polo que se manteñen por baixo da trintena. O 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade'. Estes 23 novos positivos foron confirmado nas últimas 24 horas a través de Probas de Detección de Infección Activa. Do total, sete rexistráronse na área de Pontevedra e O Salnés; cinco, na da Coruña e Cee; outro cinco, na de Santiago e Barbanza; catro, na de Lugo; e dous, na de Ferrol; mentres que nas de Ourense e Vigo non se detectaron ningún.

En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test- aumentou ao 0,84% após arrincar esta semana cun 0,51%. Así, segue por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia pola Covid-19 ascenden a 2.648, tras notificar esta segunda a Consellaría de Sanidade dúas novas vítimas, dúas mulleres con patoloxías previas.