Soben a 83 os hospitalizados e a 2.871 os casos activos mentres que os contaxios baixan a 237

Xente paseando por Ribadeonunha imaxe de arquivo após decaer o estado de alarma (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
A taxa de positividade sutúase en 6%.

Galiza rexistra un novo incremento dos casos activos de Covid-19, que ascenden a 2.871, así como de persoas hospitalizadas por este coronavirus, que aumentan a 83 -sete mái--, mentres que os novos contaxios baixan a 237 -unha trintena menos que a xornada anterior-. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a 6% após comezar a semana con case 8%.

Segundo os datos publicados na mañá desta terza feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 1 horas desta segunda feira, descenden a 12 as persoas ingresadas en UCI pola Covid no conxunto de Galiza -dous menos-, mais increméntanse a 71 as hospitalizadas noutras unidades -nove máis-, mentres que 2.788 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente en cinco das sete: Ourense, Lugo, Santiago-Barbanza, Ferrol e Pontevedra-O Salnés; mentres que se mantén nas da Coruña e Cee e Vigo.

Galiza acumula 23 xornadas consecutivas de ascenso dos casos activos, que se sitúan en 2.871, o que implica 175 máis que o día pasado ao haber de novo máis contaxios (237) que altas (62). O 16 de novembro situábanse en 1.367, polo que Galiza rexistra agora 1.504 infeccións máis que naquela.

En concreto, as infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+58), seguida da de Vigo (+34), Lugo (+23), Santiago e Barbanza (+23), Pontevedra e O Salnés (+21), A Coruña e Cee (+13) e Ferrol (+3).

Os novos contaxios de Covid-19 volven descender e sitúanse en 237, que constitúen 33 menos que os 270 cos que principiou esta semana. A terza anterior -16 de novembr-- houbo 122 e a cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade' rexistrouse o 11 de outubro, cando houbo 14.

En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, descende a un 6%, tras comezar esta semana cunha repunta a 7,94%. Por iso, continúa por riba do limiar de 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en Galiza mantéñense en 2.662, ao non notificar a Consellería de Sanidade vítimas desde o pasado sábado.