Soben en 32 os casos activos na Galiza e sitúanse en 444, deles 177 na área da Coruña

O núemro de casos aumenta en 5 das 7 áreas sanitarias.

O número de casos activos de Covid-19 na Galiza volve aumentar, esta vez en 32 con respecto a esta quinta feira e a cifra sitúase en 444 --tras subir en cinco áreas sanitarias--, dos que 177 corresponden á da Coruña e Cee --21 máis que a xornada pasada--, onde hai un foco relacionado cun ximnasio en Arteixo.

Así se reflicte nos datos actualizados esta sexta pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, 21 permanecen en unidades de hospitalización convencional --4 máis ca onte-- e dous na UCI --sen cambios--, mentres que 421 atópanse en seguimento domiciliario --28 máis respecto da xornada pasada--.

Dos 444 casos activos, 177 corresponden á área da Coruña e Cee --21 máis --; 72 á de Lugo --un menos--; 78 á de Vigo --tres máis--, 43 á de Pontevedra e O Salnés --dous máis--; 34 á de Ourense --dous máis--; 35 á de Santiago --cinco máis-- e cinco á de Ferrol --sen cambios--.

Sanidade indica que, até o momento, curáronse en Galiza 11.381 persoas, 12 máis que a xornada anterior, e faleceron 619 pacientes . A última vítima mortal foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas até a data ascende a 260.785 fronte ás 258.978 contabilizadas até este xoves, apuntou Sanidade.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza, anidade informa que  hai 2 vinculados con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a 2 traballadores, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.