Só 1 de cada 400 discapacitados está exento do copagamento farmacéutico

En Galiza hai máis de 250.000 persoas en situación de discapacidade “e pagan os medicamentos”, denuncian desde o PSOE

Só o 0,25% das persoas que teñen recoñecida algunha discapacidade (por volta de 250.000 en Galiza, 4 millóns no conxunto do Estado español) están exentas do copagamento farmacéutico. Unha situación que foi denunciada pola deputada socialista Laura Seara no Congreso dos Deputados no transcurso da presentación dunha proposición non e lei. PNL que insta ao executivo a promover “as reformas precisas” para garantir que aquelas persoas cun grao igual ou superior o 33% estean exentas dese pagamento.

“Malia as mentiras do goberno e da ministra Ana Mato, a realidade é que só un 0,25% están exentas dese pagamento. Na Galiza hai 250.000 persoas dependentes que si que saben o que é o copago”.