Os sindicatos denuncian unha “alarmante falta de medios” nos xulgados galegos de violencia de xénero

Reprochan á Xunta o seu total desleixo neste tema.

Os sindicatos con representación na administración de Xustiza denunciaron o que cualifican de “desleixo” por parte da Xunta a respecto dos xulgados de violencia de xénero, criticando a carencia de órganos xudiciais e a "discriminación" os funcionarios transferidos a Galiza. “Hai que resolver as carencias destes xulgados”, denunciaron os representantes de CIG, CUT, USO, CCOO, UGT, STAJ e CSIF, que apontan a unha “alarmante” falta de medios materiais e humanos.

Criticaron que non haxa os necesarios espazos nos que manter afastadas vítimas da violencia machista e as testemuñas do presunto agresor, ao tempo que inciden en que é "necesaria máis formación" dos funcionarios destinados nestes xulgados, e avisou de que a situación é "especialmente grave" nos mixtos, de localidades pequenas.

Nesta liña, pediron á Xunta que retome o acordo "ambicioso" que se acadara a finais de 2015 coa Dirección Xeral de Xustiza e que, afirman os sindicatos, "ficou pendente" e que contemplaba unha serie de actuacións.