O sindicato médico O`Mega continúa coa greve de Urxencias no CHUS

A pasada sexta feira, día 15, a maioría do persoal de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela (CHUS deu o visto bo á última proposta realizada por xerencia sanitaria de Santiago. Foi 66% a favor e 32% en contra da proposta. O resultado da votación apuntaba a que podería rematar a folga que os traballadores e traballadoras deste servizo protagonizaban desde hai 14 semanas. "Vistos os resultados os traballadores ratifican que aceptan a proposta de xerencia, para o cal dende o Comité de folga solicitamos unha reunión con Xerencia o luns 18 de cara a asinar a acta final de negociación", indica o comité de centro no comunicado no que informa das votacións.

 

Porén, desde o sindicato médico O’Mega decidiuse esta segunda feira que ían continuar coa greve, en demanda de máis persoa e espazos.  A proposta da xerencia contemplaba 11 enfermeiras e 11 auxiliares e 2 médicos máis para reforzar o servizo de Urxencias. O`Mega reivindica catro persoas interinas máis para alén dun cumprimento estrito da normativa que impide que os pacientes pendentes de ser ingresados poidan ‘acumularse’ en corredores ou salas de observación.