O sindicato catalán Intersindical-CSC dá o seu apoio á greve xeral do 19 de xuño

O sindicato catalán Intersindical-CSC dá o seu apoio á CIG perante a greve xeral convocada pola central soberanista galega para o 19 de xuño. Intersindical destaca a importancia do “exercicio da solidariedade e o internacionalismo solidario”. Lembra esta central que a CIG, “sindicato maioritario galego”, convocou unha xornada de paro xeral perante a “emerxencia nacional e social” de Galiza. Un día para a mobilización para recuperar dereitos sociais e laborais e pular pola derrogación das reformas laborais, aponta esta organización en referencia aos motivos expostos polo secretario xeral da CIG para a greve. 

 

Intersindical foi una das convocantes da greve catalá do 8 de novembro, sendo denunciada pola gran patronal acusando o sindicato de facer una “greve política”.  "Foment del Treball di que non somos representativos como para convocar  un paro xeral e que ademais aquela foi unha greve política", afirmaba nunha entrevista con Sermos Galiza o secretario xeral do sindicato, Carles Sastre.