Setenta científicos de todo o Estado advirten da urxencia do confinamento total e de fechar Madrid

(Europa Press)

As persoas asinantes do documento remitido ao Goberno español advirten que o sistema sanitario estará saturado en poucos días. Piden medidas máis contundentes, como o feche de Madrid, Catalunya ou Euskadi.

Un grupo de 70 científicos de prestixio de todo o Estado español asinou un documento dirixido ao Goberno español instándolle a aplicar con urxencia medidas máis contundentes para frear a epidemia de Covid-19.

Estas medidas inclúen o confinamento total da poboación e o illamento de territorios cunha incidencia especialmente grave do virus, comezando en Madrid, pero tamén estendéndoo a Cataluña e Euskadi, entre outros lugares.

O documento, ao que tivo acceso VilaWeb, está firmado por diferenets especialistas e profesionais, como Oriol Mitjà, médico de enfermidades infecciosas, o promotor do primeiro ensaio clínico no Estado para combater o coronavirus 2019, e Alex Arenas, físico da URV, que desenvolveu. un modelo matemático para prever o risco de novas infeccións.

As persoas asinantes son de diferentes campos científicos, como a saúde pública, a epidemioloxía, a microbioloxía, a bioloxía molecular, a dinámica e a propagación das epidemias, entre outros. E expresan no documento remitido ao Goberno de Sánchez a urxencia de adoptar estas medidas.

"As medidas non foron suficientes"

"As medidas tomadas até agora, están no bo camiño, non foron suficientes para que o crecemento pasase de exponencial a subexponencial", explican. Ademais, "as medidas tomadas até o de agora non serán suficientes para evitar o colapso do sistema sanitario e, como consecuencia, a morbilidade e a mortalidade de Covid-19".

Expertos en dinámicas de epidemia e difusión advirten de que haberá un gran número de casos nas próximas semanas e que cunha restrición parcial de mobilidade, como a actual, “estimamos que se alcanzará a saturación do sistema sanitario cara ao 25 de marzo. Isto pódese evitar se a restrición de mobilidade fose total e se promulgase sen demora”.

Estas medidas de confinamento total terían que pasar por varios factores, a partir dalgunhas medidas tomadas até agora, como illar casos positivos, contactos en corentena, distancia social das persoas maiores de 70 anos, distancia social de toda a poboación e o peche de escolas e universidades. Pero inciden en que hai que ir máis alá, até o máximo nivel de bloqueo ou confinamento total, que impida que a poboación poida traballar.

Medidas concretas e contundentes

"Pedimos rapidez e toma de decisións na aplicación de medidas de control de epidemias contundentes para minimizar o impacto da pandemia na poboación española", din os científicos. E fan unha proposta concreta de medidas contundentes, que consiste en pechar as áreas xeográficas con maior incidencia do virus e o confinamento total dos seus cidadáns, agás os servizos básicos e esenciais, por un período comprendido entre quince e vinte e un días. No caso do Estado español, piden que se faga en Madrid, Catalunya, Castela e León, Castela-A Mancha, A Rioxa, Euskadi e Navarra, onde o número de casos supera o 25 por millón de habitantes.

No resto do Estado, confinamento parcial, con 50% da actividade laboral e un 25% do transporte permitido. Debería haber unha interrupción total do tráfico non esencial de pasaxeiros e conexións aéreas, marítimas e ferroviarias domésticas durante polo menos dúas semanas até o 4 de abril. Estas serían as medidas que afectarían á Galiza.