#Sermos373: 25-N, contra todas as violencias machistas

portada-contraportada

Xa está no prelo o número 373 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa a partir da noite da cuarta feira e nos quiosques a partir da quinta feira.

En vésperas do  25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, comprobamos como as últimas estatísticas xudiciais deixan ver que a eliminación dun mal estrutural como é a violencia machista está aínda lonxe e que cada vez afecta a idades máis temperás. Na Galiza, as denuncias continúan un ritmo ascendente que dificilmente poderá reverterse desde os propios xulgados. Abrimos un novo número do semanario Sermos Galiza en papel cunha reportaxe sobre as violencias que agochan as cifras. Xa á venda na loxa e a partir da quinta feira nos quiosques.

En Opinión contamos neste novo número coas mans de Ma Pilar García Negro e Xavier Queipo, a entrega de “A ollo nu", sección que semanalmente asina Xoán Costa, e o humor gráfico das mans de Tokio e Carlos Latuff.

Continuamos con paso firme cara a Nós Diario, que verá a luz o 2 de xaneiro de 2020, en papel e en formato dixital. Mentres tanto, adiantamos que Nós Diario número cero se presentará publicamente no Culturgal proba o 30 de novembro.

En Sociedade damos conta das reivindicacións que levan a cabo as docentes de Secundaria para frear a LGTBifobia. Tamén acollemos nesta sección unha publirreportaxe sobre os produtos galegos que leva a Deputación da Coruña a Barcelona.

Seguimos en Economía coa análise dun tema relacionado coa exclusión financeira, pois o Santander borra a identidade do Banco Pastor na Galiza.

En política entrevistamos Néstor Rego (O Vicedo, 1962), após saír elixido deputado en Cortes nas eleccións do 10-N con 57.765 votos, 9,5% do total da circunscrición da Coruña. O BNG regresa ao Congreso despois de catro anos e faino nun contexto político no Estado moi diferente o de 2015. Tamén analizamos os orzamentos presentados pola Xunta.

Internacional lévanos até as nacións que negocian en Madrid amparadas polos resultados: Galiza, Euskal Herria e Catalunya.

O Fóra de Serie abre cunha reportaxe sobre A Galiza ignorada: Ramiro II 'O Grande', gobernante de grandes capacidades, foi coñecido polos seus contemporáneos como «O Grande», sufrindo até hoxe os ataques da historiografía españolista polos seus enfrontamentos con Fernán González. Entrevistamos Manuel Caamaño (Noia, 1936), unha das figuras máis senlleiras do galeguismo político e cultural. Continúa o Fóra de Serie coas críticas semanais de cinema e literatura, da man de Mario Regueira e Andrés Castro.

Ademais, non faltan as colaboracións de Míriam Ferradáns e as “Palabras de fume”, “O contacto da distancia”, de Mercedes Queixas Zas e Xoán Carlos Domínguez Alberte, a sección “Dálle que libra” de Xesús M. Piñeiro, e a sección “De memoria”, a cargo de Xosé Lois Vilar Pedreira.

Pechamos o número cunha camiñada polos Penedos de Oulego, coas recomendacións do colectivo Xea, e o selfie co rostro de Nano Unzueta, oleiro que vén de inaugurar a exposición “40 anos de oficio”, en Stoupa.

O Afondo desta semana é sobre Memoria Histórica, da man da Deputación de Pontevedra, e suman xa o número 232

O número 373 de Sermos Galiza xa está dispoñíbel na loxa e nos quiosques.